Serigrafía «Mercedes trouxo pementos»

Edición limitada | Serigrafía a tres tintas | 50 x 35 cm

Mercedes é a nosa veciña. Non sei se planta pementos por amor, costume ou simplemente porque lle gusta facelo, pero cada verán danos bolsas cheas deles. E nós que facemos? Poñemos a mesa e gozamos da sorte que temos.

Un día erguinme, vin os pementos no froiteiro, e tíveno claro. Esta obra é un brindis por Mercedes e por todas as Mercedes do mundo, por quen coida da terra e das persoas, pola xente xenerosa e polas noites de verán. Por poder seguir celebrando a vida arredor da mesa moitos anos máis.

Esta edición en serigrafía, feita a tres tintas en colaboración co artista gráfico Juan Balay, forma parte dunha serie limitada de 15 exemplares asinados e numerados. Á venda sen enmarcar.

95,00

3 disponibles