Fotografía de Ismael Vidal

En 2020, a miña irmá Inés e mais eu decidimos que debuxar era razón suficiente para comenzar algo. Así foi como naceu Boor, entre Finlandia e Galicia, e dende entón non parou de evolucionar. 

Hoxe é un proxecto de arte independente. Fago grandes debuxos fotorrealistas —cada obra ten semanas de traballo facendo garabatos— e pezas de deseño a partir de boias recuperadas do mar. Gústame traballar sobre os obxectos cotiáns, os que están en todas partes pero que poden pasar desapercibidos. Cólloos, dedícolles tempo e convértoos en algo difícil de ignorar.

Nos últimos anos expuxen en distintos espazos, impartín cursos e colaborei con marcas e empresas en campañas que destacan pola súa orixinalidade, personalidade e precisión.

Boor é iso que pasa cando fas algo con cariño,

e acabas descubrindo que o que querías era facelo en serio.

Boor é iso que pasa cando fas algo con cariño, e acabas descubrindo que o que querías era facelo en serio.