«Mercedes trouxo pementos»

Mercedes é a nosa veciña. Non sei se planta pementos por amor, costume ou simplemente porque lle gusta facelo, pero cada verán danos bolsas cheas deles. E nós que facemos? Poñemos a mesa e gozamos da sorte que temos.

Un día erguinme, vin os pementos no froiteiro, e tíveno claro. Esta obra é un brindis por Mercedes e por todas as Mercedes do mundo, por quen coida da terra e das persoas, pola xente xenerosa e as noites de verán. Por poder seguir celebrando a vida arredor da mesa moitos anos máis.

Técnica: Garabatos con rotuladores de punta fina sobre papel de algodón de 300g
Dimensións: 73×92 cm (enmarcado)
Certificado de autenticidade: incluido

*Todas as obras de arte véndense cun marco feito a medida por un profesional.

1.250,00

1 disponibles