A vaca Ramona

A vaca Ramona nace, como tantas outras obras, de conversas con amigas. Se ningunha festa está completa sen piñata, que forma lle queriamos dar á nosa? Primeiro foi unha idea, logo un debuxo sobre papel e finalmente unha realidade. Feita con papel e cartón, colga do teito e preside a sala do museo pequeno, onde atoparás «FESTA», a miña última exposición. Peza única de colección.

Técnica: garabatos con rotuladores de punta fina sobre papel de algodón de 300g
Dimensións: 73×92 cm (enmarcado)
Certificado de autenticidade: incluido
Colección: FESTA

1.290,00