Descripción
Obra única e orixinal | 2024
Mercedes é a nosa veciña. Non sei se planta pementos por amor, costume ou simplemente porque lle gusta facelo, pero cada verán danos bolsas cheas deles. E nós que facemos? Poñemos a mesa e gozamos da sorte que temos.
Un día erguinme, vin os pementos no froiteiro, e tíveno claro. Esta obra é un brindis por Mercedes e por todas as Mercedes do mundo, por quen coida da terra e das persoas, polas mans con terra nas uñas, pola xente xenerosa e as noites de verán. Por poder seguir celebrando a vida arredor da mesa moitos anos máis.
Técnica: Garabatos con rotulador calibrado sobre papel de algodón 300g
Dimensións: 56 x 76 (sin enmarcar)
Enmarcado: incluido
Certificado de autenticidade: si, non é un póster do Tiger