Descripción
Edición limitada | Serigrafía a tres tintas | 50 x 35 cm
Mercedes é a nosa veciña. Non sei se planta pementos por amor, costume ou simplemente porque lle gusta facelo, pero cada verán danos bolsas cheas deles. E nós que facemos? Poñemos a mesa e gozamos da sorte que temos.
Un día erguinme, vin os pementos no froiteiro, e tíveno claro. Esta obra é un brindis por Mercedes e por todas as Mercedes do mundo, por quen coida da terra e das persoas, polas mans con terra nas uñas, pola xente xenerosa e polas noites de verán. Por poder seguir celebrando a vida arredor da mesa moitos anos máis.
Esta edición en serigrafía, feita a tres tintas en colaboración co artista gráfico Juan Balay, forma parte dunha serie limitada de 15 exemplares asinados e numerados. Agardamos que che guste tanto como a nós facela.




