Fotografía de Ismael Vidal

No 2020, miña irmá e mais eu decidimos lanzar un proxecto sen máis intención que debuxar e divertirnos. Daquela non o sabíamos, pero estabamos poñendo en marcha algo que nos ía cambiar a vida. Inés comezou o seu camiño como tatuadora e eu quedei ao mando de Boor, dándolle forma, fondo e unha dirección que nunca deixou de evolucionar. 

Con base en Galicia (España), Boor consolidouse no 2024 como unha proposta artística que combina arte e sostibilidade. Destaca por transformar boias recuperadas do mar en pezas de deseño e por crear debuxos fotorrealistas a gran escala cunha técnica de garabatos e rotuladores.

Interésanme os obxectos cotíans, os que están presentes na nosa vida sen ruido nin protagonismo, pero que gardan mil historias e mensaxes. Ao debuxalos agrando o seu valor e obrigo a mirar o que normalmente se pasa por alto.

Neste tempo expuxen as miñas coleccións en distintos espazos, impartín cursos e colaborei con marcas e empresas para dar forma a campañas visuais que destacan pola súa orixinalidade, precisión e personalidade.

Boor é iso que pasa cando fas algo con cariño… 

e acabas descubrindo que o que querías era facelo en serio.

LAURA BOOR

FUNDADORA

Boor é iso que pasa cando fas algo con cariño, e acabas descubrindo que o que querías era facelo en serio.

LAURA BOOR

FUNDADORA